GRITO PARA TI
Grito para ti.
Grito para ti aínda que sei que non me escoitas
non sei se é que o sei ou se simplemente imaxínoo,
xa hai tempo que non sei.
Quero crer en destinos e maxias,
polvos de cores coruscantes que me arrodeen coa súa luz,
pero en troques sinto o apreixo da realidade,
e non é reconfortante.
No fondo dese lugar que no ten fondo nin final
busco respostas a preguntas que non me atrevo a formular.
Non as atopo. Quizais é que busco mal.
¿Que me di o vento cando me oe divagar?
¿Que pensa a lúa cando a contemplo sen mirar?
Só pensando en ti logro imaxinar a felicidade.


